Mulleres imprescindibles : Educadoras na vangarda do século XX / Joan Soler Mata, Ana Romero Massiá, Raquel Vázquez Ramil, Dolores Cotelo Guerra, Víctor Juan Borroy, Miel Anjel Elustondo, María del Mar del Pozo Andrés, Núria Simó Gil e Carmen Agulló
por Mata Soler, Joan [autor/a]
; Romero Masiá, Ana [autor/a]
; Vázquez Ramil, Raquel [autor/a]
; Cotelo Guerra, María Dolores [autor/a]
; Juan Borroy, Víctor Manuel [autor/a]
; Pozo Andres, María del Mar del [autor/a]
; Elustondo, Miel A [autor/a]
; Simó Gil, Núria [autor/a]
; Agulló Díaz, Mª del Carmen [autor/a]
; Costa Rico, Antón [autor/a]
; Rodríguez, Manuela [autor/a]
; Soto López, Isabel [autor/a]
; Costa Rico, Antón [prologuista]
; Rodríguez, Manuela [prologuista]
; Soto, Isabel [tradutor/a]
.
Tipo: 









Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Monte Castelo Sala préstamo | 37 mul | Dispoñible | LED003000013834 |
|
Monografía coral que pon de relevo o legado de nove mestras conscientes da transcendencia humanizadora e cultural da educación para lograr unha sociedade máis xusta, libre e solidaria.
Rosa Sensat i Villa: a renovación da escola pública e o ensino das ciencias, Joan Soler Mata.
María Barbeito Cerviño: pioneira da renovación pedagóxica escolar en Galicia, Ana Romero Masiá.
María de Maeztu Whitney: a conquista da educación superior da muller en España, Raquel Vázquez Ramil.
María Luisa Navarro de Luzuriaga: o compromiso coa renovación educativa dunha muller moderna na Idade de Prata, Dolores Cotelo Guerra.
María Sánchez Arbós: unha maestra convencida de selo, Víctor Juan Borroy.
Justa Freire: a mestra que nunca puido tornar a Madrid, María del Mar del Pozo Andrés.
Elbira Zipitria Irastorza: precursora da innovación pedagóxica en éuscaro, Miel A. Elustondo.
Marta Mata i Garriga: unha vida comprometida coa educación pública de calidade, Núria Simó Gil.
Carme Miquel i Diego: a mestra apaixonada polas palabras, Mª del Carmen Agulló Díaz.
Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luisa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel son as nove protagonistas desta monografía coral titulada “Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX”. Un volume que pon de relevo o legado destas nove mestras con historias de vida singulares, mais que compartiron unha orientación social reformadora, unha grande inquedanza e preocupación pola formación do profesorado, así como un fondo compromiso coa educación e cos valores humanistas.
Nove docentes, algunhas do primeiro terzo do século XX, que forxaron os seus itinerarios nunha época que convidaba á procura de horizontes de progreso social e democrático e que se propuxeron facer da escola un lugar de vida, convencidas de que «unha escola non termina de facerse nunca», como aseguraba María Sánchez Arbós. Os lectores e as lectoras descubrirán ao longo das páxinas deste libro unhas mulleres imbuídas de optimismo pedagóxico, plenamente conscientes da transcendencia humanizadora e cultural das e dos educadores ante o obxectivo de lograr unha sociedade máis xusta, libre, solidaria e acolledora para todas as persoas.